A Tradescola achega os ritmos galegos aos lucenses con obradoiros de balde

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, impartiu un novo obradoiro de pandeira no día de hoxe. Mañá, en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, será Miguel Anxo López Buján o encargado de impartir un obradoiro de iniciación a técnicas de tambor e bombo. Estos obradoiros, que son de balde para os asistentes previa inscrición, contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretenden achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada.

Branca Villares foi a encargada de guiar o obradoiro de pandeira, que tivo lugar no día de hoxe, e no que se amosaron distintas técnicas e posibilidades deste instrumento de percusión, e distinto repertorio cantado con este instrumento.

Un dos obxectivos da Tradescola é incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, onde imparte aulas diariamente na rúa Pintor Corredoira nº 4, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co ensino da música e baile tradicionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com