A Tradescola incrementa nun 35% o seu alumnado

Tradescola,  o centro de ensino da música, do canto e do baile tradicional galego xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo ven de iniciar un novo curso cun incremento de alumnado do 35%.  Entre os obxectivos polos que traballa este centro de ensino atópanse promocionar e transmitir a música tradicional, o canto, o baile e outras tradicións culturais galegas apostando sempre pola educación como un dos piares fundamentais para a conservación, coñecemento e divulgación da nosa cultura.

Na Tradescola impártense aulas de gaita, zanfoña, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, pandeira, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos. Para impartir estas materias, a Tradescola conta no seu equipo docente con 10 prestixiosos mestres no eido da música e do baile tradicional.

Dende o pasado curso esta escola incrementou o seu proxecto educativo cun novo itinerario que ten como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este itinerario impártese paralelamente ás aulas xa existentes, que acollen semanalmente a preto de 300 alumnos, moitos deles chegados de outras provincias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com