Campaña Cinto Seguridade Campaña Cinto Seguridade

Tráfico inicia mañá unha campaña para o control dos cintos de seguridade

A Dirección Xeral de Tráfico porá en marcha dende mañá luns,  e ata o próximo domingo día 20,  unha campaña intensiva para controlar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Do mesmo xeito, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil adecuados a súa estatura, peso e idade.

Tamén se emplearán paneis de sinalización variable e as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Gardia Civil, que lembrarán aos condutores a campaña que se está desenrolando.

A iniciativa enmarcase dentro da programación de operacións especiais de vixilancia e control previstas pola DXT para o presente ano.

Seguro na estrada

A DXT estima que o correcto uso do cinto de seguridade reduce en ata un 50% o risco de morte nun accidente de tráfico. Polo tanto, non debe obviarse o emprego do mesmo tanto na estrada como na cidade.

O correcto uso dos sistemas de retención homologados está demostrado que é o método de seguridade vial máis sinxelo e eficaz en todo tipo de vías e traxectos, e o seu emprego resulta imprescindible para que o airbag sexa eficaz.

No ano 2015, un 17,46% dos usuarios de turismos e furgonetas falecidos en sinistros producidos en vías interurbanas en Galicia non utilizaban o cinto de seguridade, unha porcentaxe que descendeu respecto ao 2014 que era do 24.65%.

No caso dos sistemas de retención infantil, a DXT recorda que un neno sen suxeción multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves. Neste senso, un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Seguridade Vial 2011-2020 é “lograr que ningún neno perda a vida por no ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com