A Dirección Xeneral de Tráfico porá en marcha dende mañá luns, e ata o próximo domingo día 21 incluido, unha campaña intensiva de vixilancia e control de camións e furgonetas. Está enmarcada na programación anual de campañas e operacións especiais que leva a cabo a DXT. O obxectivo prioritario é mellorar a seguridade vial e concienciar aos usuarios deste tipo de vehículos sobre a importancia de manter comportamentos seguros.
Para a intensificación destes controis tamén se invitou a participar ás Policías Locais dos concellos.
Os axentes farán especial incidencia en verificar aspectos como as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo, o seu peso, o acondicionamiento da carga, o estado dos neumáticos ou o adecuado funcionamento do alumeado.