O sinistro produciuse nun camiño de terra do pobo da Pastoriza, na parroquia de Bruicedo.
Ata alí acudiron os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pastoriza, que confirmaron ao 112 Galicia que o home estaba accesible e que, tras recibir os primeiros auxilios no lugar dos feitos, fora evacuado no helicóptero medicalizado con base en Ourense ao centro hospitalario de referencia.
Tamén foron mobilizados desde o 112 Galicia os axentes da Garda Civil e os Bombeiros de Sarria, aínda que a intervención dos efectivos de salvamento descartouse tras coñecerse que o condutor do tractor estaba liberado. Cómpre sinalar que o 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, uns minutos antes das 17:00 horas desta tarde.
Asemade, preto das 16:00h desta tarde outro condutor dun tractor caeu por un terraplén en Baralla, no lugar de Lexocairo e tivo que ser evacuado polos Bombeiros de Sarria ata a ambulancia, nunha padiola, nunha distancia duns catrocentos metros.