Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse ás 12:40 horas do día de hoxe, así o indicaban os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa tiñan en marcha un operativo para a atención do ferido.
O traballador presentaba un corte nunha perna producido por unha motoserra mentras estaba traballando na parroquia de Sargadelos, no municipio de Cervo. En concreto, este operario sufriu un corte na perna coa serra mecánica, e malia que estaba consciente, a lesión requiría a evacuación inmediata, polo que foi trasladado polo helicóptero medicalizado con base en Ourese ao centro hospitalario de referencia.
Ademais do persoal sanitario, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración neste operativo dos membros do GES de Cervo, dos axentes da Garda Civil e de Protección Civil de Cervo.