Un compañeiro do ferido solicitou axuda a través do 112 Galcia cando se achegaban as 11:30 horas de hoxe. Indicou que estaban cargando un palé á beira da LUP-1002, en Carballizos, Chantada, cando o operario foi golpeado por un saco tipo bigbag de gran peso. O home estaba consciente, pero presentaba unha ferida sangrante na cabeza e apenas movía un brazo.
Ao punto sinalador polo alertador, acudiron os equipos de emerxencias e seguridade, isto é, voluntarios de Protección Civil de Chantada e Policía Local, e a dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a bordo do helicóptero con base en Ourense.
Despois de recibir os primeiros coidados, o ferido foi trasladado na aeronave ao centro hospitalario de referencia en Ourense.