Tráxica mañá nas estradas da provincia na que perden a vida dúas persoas

Unha persoa perdeu a vida esta mañá tras unha saída de vía en Chantada. O accidente tivo lugar 15 minutos antes das 10:00 horas, momento no que un particular empregou o número único de emerxencias para avisar do sucedido. Segundo lle indicou ao 112 Galicia, un vehículo sufrira unha saída de vía no quilómetro 37 da CG-2.1, en Muradelle. O alertador non sabía especificar se a persoa estaba atrapada.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Chantada e da Garda Civil de Tráfico.

A dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar á vítima, única ocupante do coche. Pese aos esforzos, o persoal sanitario que se mobilizou ata a zona indicou que o implicado falecera, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida.

Tamén en San Cibrao perde a vida unha moza de 28 anos nun accidente pouco antes das 8:30 horas desta mañá. O 112 Galicia recibiu unha chamada, o alertador indicou que vía un vehículo nunha cuneta, no quilómetro 2 da LU-P-1510, cunha persoa fóra do coche apoiada na ventá, aparentemente falecida.

Decontado, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Os servizos de emerxencia desprazados ata a zona confirmaron que a vítima, única ocupante do vehículo, estaba falecida. Ademais, indicaron que se tratara dunha saída de vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com