Trece concellos solicitaron achegas do plan de mantemento de faixas de biomasa

A Pobra do Brollón, Becerreá, Folgoso do Courel, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Mondoñedo, Navia de Suarna, O Saviñao, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribadeo e Viveiro responderon á primeira convocatoria do plan de axudas ao mantemento de faixas de biomasa “O Que Non Arde”, impulsado pola área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo.

Os concellos terán que achegar agora a documentación para acreditaren o cumprimento da normativa de prevención de incendios forestais, requisito necesario para acceder á liña de axudas, dirixidas a financiar a roza das masas forestais nos laterais das redes viarias
municipais (eixo 1) e a repoboación das faixas de xestión de biomasa con árbores autóctonas (eixo 2).
Os proxectos presentados serán estudados por unha comisión técnica, que avaliará tanto a súa calidade técnica como outros criterios cuantitativos, como o control dos incumprimentos da normativa en materia das obrigas de xestión da biomasa vexetal, ou as accións de execución subsidiaria e procedementos sancionadores realizados dende o propio concello.

O programa implementarase a través de convenios interadministrativos de colaboración entre a área de Medio Rural e os concellos beneficiarios que cumpran os requisitos contemplados nas bases.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com