Tres afectados por un lume nunha vivendana Praza de Alacante

Tres persoas foron trasladadas ao Hospital de Lugo con síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun incendio declarado nunha vivenda da Plaza de Alicante.

O lume foi sufocado polos ocupantes do piso e soamente alcanzou a un sofá.

Con todo, o suceso causou a alarma dos veciños do inmoble que, tras percibir fume polo patio de luces, chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda cando daban as 16:30 horas de hoxe. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos bombeiros da cidade co fin de atallar as chamas o antes posible. Sen embargo, á súa chegada, os ocupantes da vivenda conseguiran apagalo.

Iso si, tres persoas resultaron afectadas e tiveron que ser evacuadas ao Hospital de Lugo con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

Ademais dos profesionais sanitarios, no operativo participaron tamén os axentes da Policía Local

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com