Tres anos de prisión por lanzarlle un vaso na cara a un home

A Audiencia Provincial de Lugo sentenciou a un acusado a tres anos de cárcere como autor dun delito de lesións por lanzarlle un vaso de cristal na cara a un home co que discutiu á saída dun pub de Vilalba en xullo de 2016.

A disputa orixinouse, segundo a sentenza, cando o sospeitoso realizou un comentario sobre algunha peza de vestir da vítima. Ao afectado quedaronlle como secuelas déficit de mobilidade na boca e cicatrices. O tribunal tamén lle impuxo o abono dunha indemnización de 20.300 euros e a prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante cinco anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com