‘Tres anuncios a las afueras’, na Sede Afundación de Lugo

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon punto e final ao ciclo de cinema Mulleres na súa sede de Lugo coa proxección, mañá martes 9 de abril, a partir das 20.00 h, do filme Tres anuncios a las afueras. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Tres anuncios a las afueras (Martin McDonagh, 2017) conta como Mildred Hayes, unha muller de 50 anos, nai dunha adolescente violada e asasinada, decide iniciar pola súa conta unha guerra contra a Policía da súa vila, Ebbing, ao considerar que non fan o suficiente para resolver o caso e que se faga xustiza.

Todas as películas que conformaron este ciclo contan con mulleres como protagonistas indiscutibles, descubrindo historias comprometidas que dan lugar á reflexión. Mulleres diversas, brillantes, valentes, con distintas metas, paixóns e intereses na vida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com