Tres centros do Concello quedan varias horas sen electricidade

Tres  centros do Concello de Lugo quedaron no día de onte sen luz. Tratase do Centro Social do Castiñeiro, o Centro de Maiores do Sagrado Corazón e a Casa da Música.  O motivo do corte de electricidade foi a orde dada pola empresa suministradora Gas Natural Fenosa, que enviara un comunicado o martes, a traveso do rexistro municipal, pero que non chegou a area correspondente ata o mércores ás tres da tarde, hora na que xa se procedera o corte do suministro nestes tres centros.

Hoxe pola maña, a Concelleira de Economía e Emprego, Ana Prieto, declarou que “para o Concello tratase dun problema burocrático, non é un problema de falta de liquidez. O Concello ten liquidez suficiente para facer fronte a todos os pagos das facturas”, e subliñou “que é obrigación do Concello revisar todas as facturas, porque o diñeiro é de todos os cidadáns”. Asemade tamén anunciou ” que a incidencia está resolta dende onte e que imos traballar, para que non se volva repetir, a traveso dun convenio co Deputación, que consiste en que dous traballadores da Deputación virán ao Concello para colaborar na revisión das facturas e paralelamente formaran a traballadores do Concello, para que este tipo de incidencias non se volvan a producir”

Asemade, Ana Prieto, quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade, “porque isto é unha incidencia puntual, extraordinaria e estamos facendo todo o posible para que non se volva repetir”.

Por outra banda para o grupo municipal de Lugonovo, isto que ocorreu onte “non é un problema de diñeiro, senón de persoal” e preguntanse “como é posible que unha notificación urxente, e cas repercusións que tiña, se rexistra o martes e non chega ao executivo ata o día seguinte ás tres da tarde?”.

Para o voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, ““A precariedade humana coa que traballan moitas das áreas municipais remata por conducir a isto. Por unha banda temos unha sobresaturación de funcións e, pola outra, a consolidación de vicios instaurados, permitidos e arrastrados dende mandatos anteriores, que o mesmo que crearon filias desenvolveron tamén fobias… e agora estanse recollendo os froitos”.

E concluíu, sinalando “botamos en falta a existencia dun plan de goberno, dunha estretexia clara que non se dedique a parchear a cidade senón que, co valor suficiente, lle dea verdadeira solución aos conflitos estruturais que impiden avanzar á administración e frean a súa axilidade. Falamos de que, ao noso entender, son os departamentos os que teñen que arranxar as cuestións do día a día, facer o traballo de campo pero son os concelleiros os que deben asumir a responsabilidade de xestión; é dicir, marcar o camiño, e sabelo impoñer tamén ao resto do equipo, para que así se cumpra, en prol do beneficio dos veciños. Estamos cansos de denunciar deficiencias que non se solventan e comezamos a ser conscientes de que esta pasividade non obedece a unha falta de vontade senón de determinación ou capacitación política”.

Dende o BNG-Asambleas Abertas, o seu voceiro, Rubén Arroxo tamén criticou o desgoberno existente no concello que “onte chegou ao punto do corte de luz nunhas institucións municipais”. Arroxo sinalou que, “dende o BNG – Asambleas Abertas, presentamos este martes, unha batería de once preguntas para a comisión de infraestruturas, para intentar que nos respondan e por suposto para solucionar este problema, que dende logo é de urxencia contratar persoal, é de urxencia cubrir as prazas, e dende logo é de urxencia evitar que se siga levando o camiño da privatización, porque isto é algo que se debe xestionar directamente dende o Concello, que ten capacidade, é máis económico e vai funcionar mellor” e concluíu dicindo que  “o que non podemos é aceptar que se poda cortar a luz nas instalacións, cando precisamente temos capacidade para poder financialas”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com