O sorteo extraordinario da Lotería de Nadal deixou 18.000 euros nas localidades de Baralla e Triacastela, onde foron vendidos «por máquina» tres décimos do número 43.221, agraciado cun dos tres quintos premios.
Segundo informou a EFE a delegación comercial de Loterías e Apostas do Estado, dous décimos foron vendidos no Supermercado A.C.E. situado na Avenida de Castela, no municipio lucense de Triacastela.
Outro décimo máis, do mesmo número, foi vendido tamén «por máquina» no Café Bar Deporte, en Baralla.