Tres detidos na Mariña como supostos autores dun delito de tráfico de drogas

Axentes da Garda Civil detiveron nunha operación antidroga a tres súbditos de orixe Marroquí, de idades, 32,37 e 44 anos, un veciño de Foz e os outros dous do sur de España, como supostos autores dun delito de tráfico de drogas. Esta operación iníciase tras ter coñecemento  na localidade de Foz de que dúas persoas, non residentes na zona, estaban supostamente mantendo contactos con coñecidos consumidores de sustancias estupefacientes, cos que mantiveron encontros.

Os axentes inician un dispositivo policial, no cal se comproba que a estas dúas persoas acompáñalles un terceiro, da súa mesma nacionalidade, residente na zona, o cal os transporta no seu vehículo por toda a mariña lucense coa suposta finalidade de establecer contactos para vender as sustancias estupefacientes.

O pasado día 22 de marzo, tras realizar unha vixilancia policial sobre o domicilio onde facían noite, os axentes realizan un seguimento ao vehículo nun dos seus desprazamentos, identificando aos dous ocupantes e intervindo a un deles 62 gramos de supostamente haxix, polo que é detido nese momento e trasladado a dependencias oficiais xunto co condutor, este nunha primeira instancia en calidade de investigado.

Realízanse a posteriori varios rexistros domiciliarios, detendo a unha terceira persoa, a cal portaba 200 euros, e no interior dunha das vivendas intervéñense 3490 gramos de haxix, a cal se atopaba en ovos de 10 gramos e planchas de 50 e 100 gramos.

No transcurso do rexistro atopase a chave dun vehículo, que os axentes descubren nas inmediacións do domicilio, sendo este sometido a un rexistro, comproban que baixo os asentos traseiros do mesmo e, no emprazamento do depósito de combustible, levaba unha modificación artesanal do mesmo, sendo este o lugar onde posiblemente se transportaron as sustancias incautadas.

Tras estes feitos procédese á detención da persoa que ata ese momento fora imputada como investigada, pasando os tres a disposición xudicial no día de hoxe, onde dous dos detidos ingresaron en prisión e outro deles en liberdade con cargos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com