A Garda Civil detivo nos últimos días a tres persoas e investiga a unha cuarta, por un delito de estafa a 12 empresas estranxeiras a través de fraudes informáticos. A cantidade total estafada ascende aos 10.700.000 euros. As empresas vítimas deste ciberdelito teñen sede en Bélxica, Venezuela, Bulgaria, Noruega, Estados Unidos, Alemania, Luxemburgo, Portugal, Chile e Reino Unido.
O método usado polos detidos é o denominado ‘fraude ao CEO’ ou ‘estafa BEC’. Os atacantes suplantaban a identidade dos directivos destas empresas, facéndose co control das súas contas de correo electrónico. Posteriormente, solicitaban falsas transferencias aos bancos cos que estas empresas soen traballar. Os cartos transferidos acababa repartido nas contas da organización.
Para dar máis credibilidade, os ciberestafadores adxuntaban aos correos, facturas pro-forma onde figuraba o membrete das empresas que expedían. Os autores da estafa informática enfróntanse aos delitos de pertenza a organización criminal, estafa continuada, blanqueo de capitais, descubrimento e revelación de segredos, falsidade documental e usurpación de estado civil.
Para branquear os cartos, a organización creara un complexo entramado financieiro de empresas e contas bancarias. Os investigadores chegaron a identificar un total de 83 sociedades e 185 contas bancarias relacionadas con esta estafa.
A operación Lavanco iniciouse en 2016 en Sarria e foi dirixida dende a Comandancia de Lugo, contado coa colaboración de Europol e Interpol, así como a de varios corpos policiais estranxeiros como o FBI o a BKA alemana.
Os autores destes delitos –de entre 34 e 67 anos de idade- son veciños de Sevilla, Cuenca, Tarragona e Albacete, e xa pasaron a disposición xudicial.