Tres mulleres foron asasinadas en pouco mais de vintecatro horas por mor da violencia machista, unha delas na nosa comunidade, concretamente en Valga (Pontevedra).
Case ao mesmo tempo, eu, presidenta da asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, e, porén, o colectivo que dirixo, eramos gravemente insultadas por unha das integrantes da Plataforma Feminista de Lugo, como se pode ver no arquivo que adxuntamos, acusándome, ao fío dunha publicación no noso Facebook, de estar contribuindo a facer campaña a Vox, partido que, como todos sabemos, é un caldo de cultivo perfecto para que a violencia machista non soamente non se combata, se non que medre de día en día, como xa, por desgraza, está a suceder.
Por todo isto, desde a asociación Si, hai saída, queremos deixar claros os seguintes puntos.
En primeiro lugar, e como no podería ser doutro xeito, manifestamos a nosa repulsa por estes novos crimes machistas, e ESIXIMOS que se comecen a aplicar URXENTEMENTE E DUNHA VEZ POR TODAS solucións reais e efectivas e que os nosos políticos e, en xeral, todos cantos teñen competencia no eido da violencia de xénero, deixen de utilizala, así como as súas vítimas, como meras estratexias políticas.
Non hai dereito a que se xogue coas nosas vidas dun xeito tan impúdico, mentras as mulleres seguimos a ser asasinadas case cada día.
En segundo lugar queremos deixar patente o noso rexeitamento e a nosa indignación ante a conducta dunha persoa que dí ser feminista, que non ten o menor pudor en encabezar concentracións, manifestacións, etc, etc, mentras insulta gravemente a quen non entra no seu xogo.
De todos é sabido que as traxectorias da Plataforma Feminista e de Si, hai saída discurren por camiños diferentes.
Ainda así, e malia non compartir moitas das súas actuacións, como igualmente sucede na dirección contraria, sempre as respectamos e, por suposto, nunca manifestamos descualificacións algunha hacia elas, e menos de tal calibre.
É, no nos xuizo, gravísimo, lanzar unha inxuria tal cando se fala dun colectivo que, como Si, hai saída traballa cada día con mulleres maltratadas, e que, a día de hoxe, pensamos que, cos nosos erros, por suposto, a nosa traxectoria está mais que demostrada, así como os nosos fins, que son única e exclusivamente axudar as mulleres que se achegan a nos.
Non nos move o afán de notoriedade, e a nosa actividade sempre se desenrolou, e así segue sendo a día de hoxe, baseándose na discreción e no respecto, algo que, a vista está, non sempre é entendido, nin moito menos correspondido.
Sinxelamente, cando non compartimos algo, limitámonos a non participar, e explicar, se consideramos que procede e a quen procede, os nosos motivos, sen mais.
É absolutamente lamentable que alguien que forma parte dunha plataforma que se supón existe para defender os dereitos e a dignidade das mulleres se manifeste dun xeito tan deleznable, algo que en Si, hai saída non estamos dispostas a tolerar, e, malia que pensamos que tal vez se manifestou a título persoal, flaco favor lle fai ao colectivo que representa.
Así as cousas, gustaríanos tamén pregar aos medios de comunicación, fundamentais na loita contra a violencia de xénero, prudencia antes de manifestar abertamente o seu apoio a determinados colectivos que tal vez non resulten ser exactamente o que semellan.
Da verdadeira dor, ademais de ser intolerable, pensar que esta muller estará, posiblemente en cuestión de horas, encabezando un deses minutos de silencio que tan ben quedan e de nada serven, para, ao mellor, de seguido, continuar insultando e demostrando no lugar que deixa esa sororidade da que tanto se fala.
Marta Rodríguez Engroba
Asociación Si, hai saída