Tres mulleres resultaron feridas logo dunha colisión múltiple que tivo lugar esta mañá en Lugo. Catro vehículos colidiron en cadea preto do antigo pavillón de deportes cando pasaban uns minutos das oito desta mañá.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para pedir axuda. Así, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse aos profesionais de Urxencias Médicas, bombeiros e axentes da Policía Local.
O sinistro provocou alteracións do tráfico e obrigou a desviar o tráfico durante varias horas.