Tres novas feiras na provincia darán a coñecer os produtos ecolóxicos

O Vicepresidente da Deputación, a alcaldesa de Lugo, o alcalde de Monforte de Lemos, o Concelleiro do Mar de Viveiro e o Presidente de CRAEGA presentaron hoxe no pazo de San Marcos, tres novas feiras de produtos ecolóxicos, que se celebraran nos Concellos de Lugo, Monforte e Viveiro nos meses de agosto e setembro e que  baixo o nome de Ágora Verde,  darán a coñecer estes alimentos na provincia de Lugo.

En Monforte de Lemos terá lugar os días 23, 24 e 25 de agosto, en Viveiro os días 30,31 e 1 de setembro e, finalmente, en Lugo os días 4, 5 e 6 de setembro. Durante os días de feira haberá xogos, obradoiros infantís, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades.

Os obxectivos que se perseguen coa celebración destas feiras son informar aos consumidores das propiedades e beneficios para a saúde do produtos ecolóxicos, os beneficios das prácticas agronómicas ecolóxicas para o medio ambiente, aproximar a produtores e consumidores ou facilitar encontros entre produtores para establecer alianzas orientadas á distribución e comercialización dos produtos.

Coa celebración destas tres feiras de produtos ecolóxicos, preténdese dar a coñecer ao público en xeral, a produción de produtos alimentarios certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia. Deste xeito, habilitarase un posto informativo, haberá degustacións ao público e, finalmente, os participantes se así o desexan poderán mercar os alimentos nas casetas dos produtores.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com