Tres persoas foron rescatadas despois que a embarcación na que navegaban afundise nas inmediacións da Praia de Abrela, no concello lucense do Vicedo. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os tres foron evacuados ao Hospital de Burela a bordo do helicóptero de Salvamento Marítimo.
O operativo de rescate púxose en marcha ás 12:30 horas da mañá de hoxe cando o 112 Galicia recibiu unha chamada informando dun grupo de persoas en apuros. O alertante solicitaba axuda pois a embarcación na que navegaba, xunto a outros dous acompañantes, sufriu unha avaría e afundiu, imposibilitando o seu regreso á costa.
Decontado, os xestores do CIAE, solicitaron a colaboración dos membros de Salvamento Marítimo, que desprazaron a aeronave ata o lugar dos feitos. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil e Protección Civil do Vicedo e de Viveiro.
Finalmente, a aeronave localizou e rescatou ás tres persoas nunha zona de difícil acceso.
Foto: Concello de O Vicedo