Tres persoas feridas ao atropelar unha vaca en Palas de Rei

Tres persoas resultaron feridas a pasada noite en Palas de Rei, logo de atropelar unha vaca. O Accidente tivo lugar na  N-547, a estrada que une a localidade con Melide, moi preto do enlace coa A-54.

Foi un particular que chamou ao 112 Galicia ás 22:30 horas da pasada noite. Segundo indicou, o animal estaba ferido no medio da estrada. O persoal do 112 Galicia informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Chantada. Tamén pasouse aviso ao GES de Monterroso, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos sanitarios trasladaron ás persoas feridas a un centro sanitario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com