Tres persoas feridas a causa dun accidente de tráfico na A-6 ao paso por Becerreá

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a tres persoas que resultaron feridas tras saírse un camión da vía.

O sinistro produciuse pouco antes das 08.00 horas de hoxe na A-6 en dirección á Coruña, á altura do Concello de Becerreá. Como consecuencia do golpe, o vehículo bateu contra a mediana e quedou envorcado. Ademais, perdeu parte da súa carga, concretamente, sacos de fariña que moitos deles quedaron ciscados pola vía, tal e como indicaron algúns dos condutores que contactaron co 112 Galicia para solicitar a intervención dos servizos de emerxencias.

Unha vez recibida a primeira chamada de alerta, o persoal do CIAE 112 Galicia informou a Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Sarria e GES de Becerreá. Tamén se pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ademais, o 112 Galicia atendeu outras chamadas de condutores que aseguraban que parte da carga do camión alcanzara aos carrís de ambos os dous sentidos de circulación. Por iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisaron ao persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com