Tres persoas feridas nun accidente na A54 ao seu paso por Palas de Rei

Un accidente rexistrado esta tarde na A-54, ao seu paso por Palas de Rei, deixa tres persoas feridas. Unha das vítimas sofre feridas de carácter grave. Foi evacuada ao Hospital Lucus Augusti, mentres que as outras dúas recibiron asistencia sanitaria no punto.

O sinistro ocorreu no quilómetro 23 da autovía, en sentido Santiago. O 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás 15:30 horas, a través dunha alerta do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com