Tres persoas feridas nunha colisión entre tres vehículos na A-6

Unha colisión entre unha furgoneta e dous coches deixa tres persoas feridas na A-6, ao seu paso polo concello de Lugo. O sinistro produciuse preto da saída 497, en dirección A Coruña.

Unha das persoas feridas tivo que ser trasladada nunha ambulancia polos efectivos sanitarios ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia ás 20:30 horas da pasada tarde para dar conta dos feitos. Acto seguido, dende o Centro de Atención ás Emerxencias alertouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Lugo. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com