Pouco antes das 18:00 horas do día de hoxe, unha persoa particular chamou ao CIAE 112 para alertar dun accidente na LUP-6502. No seu relato, indicaba que as persoas que viaxaban nos turismos accidentados podían atoparse atrapadas. Desde o 112 Galicia, activouse un operativo no que participaron os Bombeiros de Vilalba, os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, os axentes da Guarda Civil de Tráfico e da Policía Local.
Unha vez no lugar do accidente, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vilalba informaron ao persoal do 112 Galicia que as persoas implicadas no sinistro encontrábanse accesibles e que, finalmente, foron trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Augusti