Tres turismos implicados nunha colisión múltiple en Castroverde

Ata tres turismos se viron implicados esta mañá nunha colisión múltiple que tiña lugar no concello de Castroverde e no que non houbo que lamentar feridos. Segundo o servizo de emerxencias 112, o sinistro tivo lugar contra as once e media da mañá e tratouse dunha colisión por alcance.

Segundo o particular que alertou do incidente, os vehículos circulaban pola LU-530, ao redor do punto quilométrico 21.500. O 112 Galicia informou aos axentes de Tráfico e ao persoal do servizo de mantemento da estrada que se encargou da limpeza da vía.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com