Triacastela e A Pastoriza ofertan cinco postos de traballo co DepuEmprego

Os Concellos de Triacastela e A Pastoriza únense ao programa provincial do DepuEmprego que lle custea os gastos laborais de novos traballadores a Concellos de menos de 20.000 habitantes. Así o anunciou esta mañá a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsonles López Izquierdo, quen asegurou que xa está aberto o prazo para participar nos procesos de selección dos cinco novos postos que se ofertan nestes dous concellos.

Trátase de dous postos de peón no Concello de Triacastela e tres, da mesma categoría profesional, no Concello da Pastoriza. Para concorrer a calquera dos postos, as persoas interesadas que desexen participar no proceso de selección, deberán enviar as súas solicitudes ata o vindeiro 10 de setembro, no caso dos postos ofertados polo Concello da Pastoriza; e ata o 12 de setembro, para facer a súa demanda no Concello de Triacastela. O requisito indispensable para poder optar a unha destas prazas é o de estar apuntado como demandante de emprego no INEM.

Os interesados deberán dirixirse aos correspondentes Concellos para os trámites de concorrencia, pois son os encargados de levar a cabo os procesos de selección dos candidatos, que comezarán tras o peche de recepción de solicitudes. Máis información no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello correspondente e no banner de emprego da páxina web da Deputación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com