Troco da circulación na Praza de San Domingos

As obras na praza entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza Deste xeito, e co obxectivo de que poidan continuar os distintos usos desta concorrida zona, a circulación desviarase por un carril provisional paralelo á fachada do Convento de San Domingos en dirección a San Marcos. O tránsito peonil descorrerá paralelo a este carril de circulación. A zona para peóns será delimitada cunha liña amarela na calzada co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos peóns e axilizar o tránsito vehicular.

A saída de vehículos do recinto histórico realizarase como veu sendo ata de agora: rúa San Marcos, rúa Bolaño Rivadeneira e rúa Nova. Estes trocos serán organizados pola policía local.

O goberno municipal lembra que  mentres convivan o transito peonil co tráfico rodado, é necesario que os e as viandantes utilicen as zonas sinaladas para que haxa o menor risco para todos. Asemade, esta nova fase dos traballos implica a retirada da estrutura do quiosco e o traslado dunha parte da actual zona de almacenamento de material de obra á rúa do Hospital.

Por outra banda, a rúa do Teatro seguira funcionando en sentido de entrada á praza polo carril non ocupado polos traballos existentes. Neste caso, seguirá sendo o carril esquerdo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com