IMAXE LIBRE!!

O TS anula a sentenza por presiones para pór multas á Garda Civil de Lugo

A Sala V, do Militar, do Tribunal Supremo (TS) estimou o recurso dun cabo da Garda Civil de Lugo contra a sanción de dous meses de suspensión de emprego que lle impuso o Xeneral Xefe da Agrupación de Tráfico do corpo polo contido dunha entrevista que realizou nun programa radiofónico en xaneiro de 2012, onde denunciou que varios compañeiros estaban a ser presionados polos seus mandos, na provincia de Lugo, para aumentar o número de denuncias por infraccións de tráfico.

O TS estima que se vulnerou o dereito á liberdade de expresió do garda lucense xa que non utilizou términos despectivos ou desconsiderados hacia os seus mandos, e decretou  a nulidade da sanción.

O xefe da Agrupación de Tráfico considerou ao cabo autor da falta grave de realizar “calquera reclamación, petición ou manifestación contraria á disciplina debida na prestación do servizo”. Con todo, o Supremo lembra que as limitacións á liberdade de expresión dos membros das forzas armadas deben aplicarse cando as críticas sexan desconsideradas e faltas de moderación.

Neste caso, o auto indica que “non se utilizaron termos desmesurados, irrespetuosos, ofensivos ou desconsiderados cara a mandos ou autoridades do Estado, nin se expuxo nada que non fora xa de público coñecemento a través doutros medios de comunicación. E así, o manifestado polo recorrente non foi outra cousa que contidas e parcas matizacións dos extensos comentarios realizados pola locutora, ditos coa “mesura necesaria” para non incorrer nun quebranto da disciplina e que puidesen supoñer unha vulneración ao respecto debido aos superiores, pois iso supoñería poñer en perigo o bo funcionamento do servizo, a xerarquía e a eficaz organización da propia institución. En definitiva, non pode sosterse que tales declaracións constitúan o ilícito polo que foi sancionado”.

O programa da emisora estatal onde se emitiu a entrevista tivo lugar o 13 de xaneiro de 2012. O cabo primeiro, sen dar a coñecer o seu nome, explicou, entre outras cousas, que se reduciu a produtividade a dous compañeiros “porque simplemente reduciuse o número de vehículos por estrada e porque a xente cumpre máis, a xente está concienciada e é moi difícil; entón, o que queren é sanción, sanción e sanción, cando os mortos baixaron a máis do setenta por cento, que é a finalidade da seguridade viaria á fin e ao cabo. Habitualmente, é unha gran casualidade que os expedientes sancionadores van encamiñados aos que menos producen segundo eles, que efectúan as mesmas horas na estrada que o resto dos compañeiros e demais, simplemente denuncian o que observan”.

A locutora, antes de preguntar a este axente, a quen identificou como portavoz da Federación de Tráfico da provincia dentro da Unión de Gardas Civís de Galicia, sinalou que dous axentes da Benemérita estarían a sufrir acoso laboral para que aumentasen o número de denuncias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com