O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera ilegal nunha sentenza que se esixa o nivel B1 dun idioma estranxeiro para obter un título universitario se este requisito non está incluído no plan de estudos. O caso concreto estudado refírese ao grao en Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Afírmase na sentenza que “se se analiza seguidamente o plan de estudos resumido por módulos e por cursos non aparece por ningunha parte a esixencia de coñecemento do nivel B1 dunha lingua estranxeira, nin sequera de coñecemento transversal”. Así, os maxistrados afirman que, “ao non acharse no plan de estudos aprobado e publicado a esixencia deste nivel da lingua estranxeira, non cabe impoñela para a obtención do título”.
Ademáis aseguran que a autonomía universitaria permite que cada Universidade tome a iniciativa na elaboración do plan de estudos ao comezo do procedemento de verificación e acreditación dos títulos, pero non ampara que, unha vez aprobado e publicado, se introduza esta esixencia do nivel B1 de lingua estranxeira, como requisito imprescindible para a obtención do título