O PP pide dimisións logo de que TSXG obrigue ao Concello de Lugo a readmitir á Xefa de Persoal

A sentencia de instancia di, “en expresións que se recollen que a resolución  baseábase en valoracións eminente  mente subxectivas; sinálanse  datos parciais e incompletos non se acompañan os expedientes completos. Segundo se recolle no ditame xurídico queda claro que foi unha decisión política a de apartar a esta traballadora do seu posto e isto non o di o PP senón que o di o xulgado e o avala, agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sentenciaba Elena Candia.

Responsabilidades políticas

A xefa da oposición no concello subliñaba que “logo deste novo varapau xudicial ao goberno local, e unha vez coñecida a demoledora sentenza que obriga ao concello a incorporar no seu posto de traballo a citada funcionaria, pedimos que PSOE e BNG asuman as súas responsabili     dades políticas neste caso.

“O varapau xudicial, sinala Candia, pon de manifesto que o cese da Xefa de Persoal  foi arbitrario co que debería levar aparellada a dimisión da responsable ou responsables de dar as instrucións para vestir o procedemento e destituír a esta traballadora”.

Os populares ironizaban que “cabería esperar que a dilixencia que tivo a Sra. Alvarellos para reunirse coa prensa, a tivese agora para recoñecer o seu erro e asumir as responsabilidades que lle corresponden”. Concluiu  a popular

150 Prazas cubertas de forma provisional

Asemade os populares denuncian “o entramado que ten montado o PSOE e o BNG no concello de Lugo para controlar ao persoal explicando que hai preto de 150 postos cubertos de forma temporal trátase das vacantes cubertas por interinos e por persoal en adscripción provisional”

Esto significa que o goberno local utiliza o concello como axencia de colocación e que frea a promoción profesional dos funcionarios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com