Praia das Catedráis Praia das Catedráis

Turisgalicia A Mariña, a nova App coa que a Deputación contribúe a reactivar a economía na Mariña

A Deputación de Lugo contribúe a reactivar a economía da Mariña a través dunha nova App para a promoción turística, Turisgalicia A Mariña, unha guía dixital que permite un acceso rápido e sinxelo a información clara, útil e actualizada sobre recursos patrimoniais, hostalería, rutas, actividades ou eventos de interese para visitantes e residentes da comarca.
Tratase da primeira e única aplicación para dispositivos móbiles que promociona en conxunto o turismo de todos os municipios mariñanos con información turística, recursos e servizos de utilidade, tanto para persoas viaxeiras que visiten o norte da provincia de Lugo, como para a veciñanza .

A nova App de turismo da Mariña contén eventos, experiencias para desfrutar da comarca, rutas, festivais, lugares para visitar, praias e portos deportivos, negocios de hostalaría para comer e durmir, entre outros recursos. Tamén ofrece propostas turísticas relacionadas coa artesanía, espazos pet friendly para o público que viaxa con mascotas e información para peregrinos do Camiño do Norte e do Camiño do Mar.
O Presidente da Deputación subliñou que esta ferramenta dixital de promoción turística da Mariña que impulsa a institución provincial “é unha aposta concreta para incentivar o turismo na Mariña e, deste xeito, contribuír a recuperar a actividade económica e o emprego da comarca” ante os “desastrosos efectos que tivo para o turismo, a hostalería e o comercio o confinamento e o rebrote do coronavirus”.

Os contidos da App actualizaranse diariamente con novos eventos culturais e información dos 16 concellos da Mariña: A Pontenova, Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Valadouro, O Vicedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove. Tamén inclúe os folletos promocionais das oficinas municipais de información turística para que os visitantes podan consultalos no seu móbil e eviten manipular papeis e previr a Covid-19.
A App Turisgalicia A Mariña ofrece ademais un servizo de información de utilidade para os concellos e os veciños, xa que integra un sistema de alta de avisos por WhatsApp a través do cal calquera persoa pode recibir voluntariamente, no seu móbil, mensaxes coas novidades municipais, avisos e eventos do concello sobre o que elixa obter información.
A App que está dispoñible en castelán e galego, e pódese descargar en dispositivos android e apple.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com