Turismo de Galicia apoia o San Froilán e o Arde Lucus con 50.000 euros

 A Xunta de Galicia apoia con 50.000 euros as dúas principais citas do calendario festivo de Lugo, o San Froilán e o Arde Lucus; o importe distribúese a partes iguais entre ambos eventos.

O Diario Oficial de Galicia fai hoxe públicas as achegas de Turismo de Galicia, que se materializaron mediante senllos convenios co Concello de Lugo e Abanca asinados o pasado mes de xuño.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, destacou que “son dúas festas multitudinarias que atraen a un bo número de veciños e visitantes e que, pola súa dimensión, acadaron a consideración de citas de interese turístico nacional, o que xustifica este apoio que a Xunta renova anualmente”.

A Xunta, afirmou Balseiro, “está ao carón do San Froilán  que, como dixo Álvaro Cunqueiro é unha das festas máis fermosas do outono galego, como tamén o estivo na recente edición do Arde Lucus”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com