Turismo de Galicia organiza visitas para coñecer as posibilidades dos centros BTT

O Centro BTT Ribeira Sacra acollerá mañá unha visita guiada organizada por Turismo de Galicia, a través de BTT Galicia, para dar a coñecer as posibilidades que ofrece esta instalación deseñada para a práctica da bicicleta de montaña.

Esta actividade forma parte dun programa de visitas destinada a afeccionados da bicicleta todoterreo que comezou o pasado 25 de xuño no centro BTT O Salnés e rematará o vindeiro 30 de xullo no centro BTT Portas de Galicia.

Ademais dos percorridos polos centros BTT O Salnés, Ribeira Sacra e Portas de Galicia, o día 23 de xullo terá lugar a visita guiada ao Centro BTT Serra do Xurés. Esta actividade é gratuíta e está limitada a 40 persoas por acontecemento que se poderán apuntar vía online a través do enderzo electrónico http://.magmasports.es/spa/eventos.php.

Centros BTT Galicia é un proxecto a medio prazo que pretende dotar á Comunidade Autónoma de Galicia dunha rede de espazos para a práctica con bicicletas todo terreo (BTT). Un Centro BTT é un espazo ao aire libre, deseñado e preparado para usuarios da bicicleta de montaña, que posibilita o coñecemento do medio rural e natural a través da desta práctica deportiva.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com