Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon fin á súa programación de obradoiros de artesanía tradicional na súa sede de Lugo con motivo da celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Así, o vindeiro sábado 21 de abril, impartirase a partir das 17.00 h o último obradoiro de olería e torno cerámico a cargo de Pepa Lombao. Esta artesá reúne unha longa tradición cerámica, herdanza que chega a ela como legado familiar e tamén da súa parroquia natal, Bonxe, onde se sabe que case a totalidade dos seus veciños se adicaban ao barro. Segundo parece, desde a época romana esta parroquia de Outeiro de Rei estaría especializada nesta actividade.
A día de hoxe Pepa Lombao é a única representante da Olaría de Bonxe, e leva toda a vida difundindo este patrimonio en demostracións, obradoiros e actividades en colexios. Desenvolveranse de 17.00 a 20.00 h e están dirixidos a todo tipo de público, tanto familiar como infantil e adulto. Non é necesario a inscrición previa e a entrada e saída dos mesmos será libre, permanecendo na actividade o tempo que cada asistente considere necesario dentro do horario previsto.