Últimos días da exposición ‘Oficios entre lusco e fusco’

A exposición fotográfica Oficios entre lusco e fusco, obra de Xosé Abad, pasa os seus últimos días na Sede Afundación de Lugo (praza Maior, 16) onde se poderá visitar ata o vindeiro 5 de xaneiro de luns a sábado en horario de 18.00 a 21.00 h.

Oficios entre lusco e fusco conta a través de 34 fotografías a historia de cada protagonista. Emprega a luz, a mirada, a roupa, o traballo e todos os elementos que reflicten o modo de vida nun momento de cambios e novidades tecnolóxicas diarias, de consumo rápido e fabricación urxente.

O traballo de Xosé Abad permite contemplar moitas profesións que, dentro de poucos anos, só permanecerán nos libros de historia. En definitiva, esta serie eríxese como un «derradeiro raio de luz antes de que o saber, a súa influencia e xeito de entender o mundo desapareza». O autor emprega un esquema de iluminación acorde con ese intre do día que, ademais, nomea a propia mostra. Cuns claroscuros que recordan a obra de Caravaggio, Xosé Abad suxire espazos e ferramentas, define o lugar de traballo, documenta a presenza de universos onde se funden o privado e o laboral.

Oficios entre lusco e fusco é testemuño gráfico dos derradeiros tempos da coexistencia de dous xeitos de produción moi diferenciados. É, pois, a documentación da desaparición gradual do «traballo ben feito, a personalización do trato e a orixinalidade de cada

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com