Últimos días en Lugo da exposición “Os maragatos da porta de san Pedro”

O próximo sábado, 1 de febreiro, pechará a exposición “Os maragatos da porta de san Pedro”, que estivo aberta na Biblioteca Provincial de Lugo desde comezos do pasado mes de decembro.

Organizada pola Fundación Pérez Carro e Egeria, a exposición está composta por doce paneis -en galego e castelán- e recolle un resumo da historia da familia dos Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos.

Desde o mes de febreiro, a exposición percorrerá as capitais de Galicia, para logo seguir por diversas localidades da provincia de Lugo, especialmente aquelas onde foi máis visible a presenza comercial e social das xentes da comarca leonesa da Maragatería.

Desde Lugo a exposición viaxará a Santiago, á Biblioteca Ánxel Casal, onde será inaugurada ás 12:00 horas do próximo 3 de febreiro, e permanecerá ata o 15 do mesmo mes. E desde o 17 en diante estará en A Coruña, na Biblioteca Miguel González Garcés.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com