O prazo para inscribirse nas accións formativas do V Campus de Emprendemento Sostible da Deputación remata este luns, 5 de marzo. Os interesados poden apuntarse de xeito totalmente gratuíto no espazo habilitado en www.deputacionlugo.gal. A formación impartirase no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no Paseo do Río Rato, na capital luguesa, durante a primeira quincena do mes de marzo.
O primeiro dos Campus, de Motivación Empresarial, terá lugar entre o 6 e o 9 de marzo dedicando o último día a visitas ás empresas. Neste curso abordaranse os elementos principais a ter en conta á hora de abrir unha empresa , as oportunidades de negocio nas provincias ou os proxectos exitosos postos en marcha. Despois , do 12 ao 15 marzo, no campus de Maduración Empresarial se traballará a maduración da idea empresarial de cada participante, analizando a viabilidade comercial, técnica e legar a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental ou a viabilidade económico financieira a 5 anos.
O V Campus de Emprendemento Sostible tamén inclúe formación gratuíta e in situ sobre as posibilidades de emprender aos estudantes dos 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio ambiente. Trátanse do IES San Rosendo de Mondoñedo, IES Trapero Pardo en Castro de Rei e CFEA Alta Montaña. Son 80 os alumnos que participan. Así mesmo, por primeira vez, tamén se quixo levar esta formación a outros 46 estudantes de Secundaria para sensibilizalos co emprendemento. Neste caso, levase aos IES de Becerreá e aos CEIP de Navia de Suarna. Queipo Fernández participou hoxe, xunto ao Alcalde de Navia de Suarna, José Fernández, na clase formativa que se desenvolveu no centro escolar deste Concello.
As catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, pois continúa o asesoramento para a posta en marcha de máis proxectos empresariais, dun total de 21 novas empresas na provincia.