Últimos días para inscribirse nas VI Xornadas de Bioconstrución: Arquitectura Vernácula

Últimos días para inscribirse nas VI Xornadas de Bioconstrución: Arquitectura Vernácula e os seus oficios, que organiza a Asociación Galega para a Bioconstrución en colaboración coa Deputación. Este evento totalmente de balde terá lugar os vindeiros días 13, 14 e 15 de setembro no Pazo de Tor de Monforte de Lemos. O prazo de inscrición continúa aberto ata este e as persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa solicitude no seguinte en www.espigabioconstrucion.org/actividades/

Esta é a sexta edición deste evento que busca divulgar sobre o uso de materiais e técnicas con criterios de bioconstrución; informar sobre as calidades destes materiais e formar a técnicos, aplicadores, profesionais e expertos nas diferentes técnicas construtivas axeitadas a estes criterios. Nesta ocasión, as xornadas xirarán entorno á arquitectura vernácula e aos seus oficios, nas que primarán cuestións relacionadas coa arquitectura do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, entre outras, co fin de revalorizar as edificacións populares.

Programa

Venres, 13 de setembro

– 16:30 horas: presentación das xornadas

– 17:00 horas: arquitectura tradicional en Galicia (Pedro de Llano)

– 17:45 horas: territorio e paisaxe (Ana Isabel Filgueiras)

– 18:30 horas: pausa café

– 19:00 horas: vivendas bioclimáticas en Galicia (Dolores García Lasanta)

– 19:45 horas: os espazos e as construcións da casa en Galicia (Begoña Bas)

– 20:30 horas: mesa redonda

– 21:00 horas: peche da xornada

– 21:30 horas: ECO2 CEA

– 23:00 horas: documental: Estructura, pel contra pel (Paco Gallego e Xosé Bocixa)

Sábado, 14 de setembro

– 09:00 horas: eco2 almorzo

– 10:00 horas: a memoria ancestral dos oficios (Espiga)

– 10:15 horas: carpintería de armar (Manuel Navarrete)

– 11:00 horas: pausa café

– 11:30 horas: morteiros tradicionais (Luis Prieto)

– 12:15 horas: rehabilitación Tapia (Fermín Font)

– 13:00 horas: mesa redonda

– 14:30 horas: ECO2 XANTAR

– 17:00 horas: presentación dos obradoiros de oficios tradicionais

– 17:30 horas: carpintería de armar (Manuel Navarrete); tapia (Fermín Font); morteiros tradicionais trabadillo (Luis Prieto); a cor na arquitectura tradicional (Enrique Jaspe); tellados de lousa (Damián Prado)

– 20:30 horas: peche dos obradoiros

– 21:30 horas: ECO2 CEA e festa guat-eco

– 23:00 horas: actuación do Grupo musical CHEKAN

Actividades paralelas:

– 10:00 Xogos tradicionais (Asociación de bolos celtas de Mañufe) e exposición de materiais (Juan Bello e Luis Prieto)

Domingo, 15 de setembro

– 09:00 horas: eco2 almorzo

– 10:00 horas: patrimonio (Marta Candocia. Oficina De Rehabilitación de Mondoñedo)

– 11:00 horas: exemplos de proxectos de rehabilitación con técnicas de bioconstrución (Xulio Fernández, Miguel Serrano, Pablo Reboredo e Paul Van Der Mel)

– 12:30 horas: mesa redonda

– 13:30 horas: peche das xornadas e aperitivo

– 14:30 horas: ECO2 XANTAR

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com