Últimos días para inscribirse nos obradoiros de busca de traballo que impulsa o Concello

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, fixo un recordatorio de que este xoves, 15 de novembro, remata o prazo para inscribirse nos novos cursos de busca de traballo que impulsa o Goberno, a través de Europe Directo-Lugo, o centro de información europea da entidade local.

As persoas interesadas deben enviar cuberta unha ficha de inscrición (que se pode descargar na web do Concello, www.lugo.gal), a EspazoDirect-Lugo@concellodelugo.org, ou entregala nas propopias instalacións do Espazo Lab. Os talleres celebraranse a vindeira semana, do 20 ao 23 de novembro, no Espazo Lab, enmarcados dentro da Semana Europea de Emprego.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com