O vindeiro martes, 9 de xuño, ás 14:00 horas pechará o prazo para participar no VII certame de fotografía: Cidadáns Europeos de Galicia. Esta edición busca mostrar o sentimento de unidade europeo ante a crise sanitaria provocada pola pandemia do coronavirus.
Esta sétima edición do concurso de fotografía, ten como obxectivo amosar o sentimento de unidade europeo ante a crise sanitaria provocada pola pandemia do coronavirus.
Partindo da situación actual marcada polo COVID-19 que está a padecer toda a cidadanía europea, o tema do concurso é a representación da unidade e a diversidade, as dúas palabras que conforman o lema da Unión Europea: “Unidos na diversidade”, e que se han de poñer en valor neste momento de alerta sanitaria que afecta a todos os países da Unión Europea. Deste xeito, as obras poden versar sobre algunha das seguintes temáticas: aplauso sanitario, deporte, arte, lembranzas, música, danza ou cociña na casa. Toda obra debe incluír un signo representativo da Unión Europea.
No Facebook do concurso poden visualizarse as diferentes fotografías achegadas durante as últimas semanas. Poderán participar todas as persoas residentes en Galicia e maiores de 18 anos. Para elo, deberán enviar unha fotografía ou unha montaxe ao correo electrónico cidadanseuropeosgalicia@gmail.com dende onde serán subidas de maneira automática á páxina de Facebook do concurso. Cada participante deberá indicar no correo electrónico o centro Europe Direct ao que presenta a súa fotografía. Os nomes dos gañadores publicaranse na páxina de Facebook do concurso o día 15 de xuño de 2020.