Cinco persoas recibiron asistencia médica esta tarde despois de producirse un choque entre tres vehículos en Chantada. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser liberadas polos Bombeiros do municipio lugués ao quedar atrapadas no interior dos turismos implicados no accidente.
O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 34 da CG-2.1, ao seu paso pola parroquia de Muradelle. Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 14:25 horas para dar conta do accidente.
Decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia alertaba do sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Chantada, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.