Un accidente entre dous camións provoca retencións na A-6, en Begonte

Dous camións  colidiron esta tarde na Autovía A-6, en sentido Madrid, ao seu paso polo concello lucense de Begonte. Un dos vehículos implicados estaba parado por mor dunha avaría e outro bateu contra el.

Os condutores resultaron ilesos. Con todo, producíronse retencións no tráfico que se prolongaron mentres duraron as tarefas de limpeza da vía. Un dos camións implicados transportaba cervexa, e, a causa do golpe, perdeu parte da súa carga.

O 112 Galicia rexistrou o accidente pasadas as dúas desta tarde e, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com