Un acto en Sarria repasará o traballo do BNG no Estado

O Bloque Nacionalista Galego organiza en Sarria un acto informativo co deputado no Congreso, Néstor Rego, ao que tamén estará o secretario comarcal da CIG Lugo-A Mariña, Antonio Niño. Celebrarase esta tarde ás 20: 30 horas na Casa da Cultura.

Trataránse temas como o traballo desenvolto polo BNG na política do Estado, así como os retos e os futuros que están a surxir nos debates actuais. Un destes é a non derrogación da reforma laboral aplicada polo goberno PSOE-UP.

O concelleiro do BNG en Sarria, Efrén Castro, declarou os motivos da organización deste acto “é preciso organizar estes actos para que a veciñanza contacte directamente cos seus representantes e vexan o traballo que desenvolve o BNG en Madrid”

Deste xeito, Efrén Castro animou a asistencia a este acto “desde o BNG convidamos á toda a veciñanza de Sarria como da comarca a este acto, no que debateremos e compartiremos impresión sobre o papel do BNG no Estado e tamén reflictiremos a situación actual das traballadoras e traballadores coa non derrogación laboral”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com