Un home de 80 anos faleceu esta tarde en Muras despois de esvarar e recibir un forte golpe na cabeza. A vítima, que estaba acompañado duns veciños, acababa de participar na retirada dunha árbore que o vento tirara sobre unha estrada.
Os feitos tiveron lugar en Santiso, na parroquia de Silán. O 112 Galicia recibiu o aviso do acontecido ás 15:00 horas, a través de Urxencias Médicas. Dende a central de emerxencias do 112 informouse á Garda Civil.