Unha persoa resultou ferida esta mañá despois de ser atropelada na rúa Doutor Ochoa, no barrio lucense da Residencia. Segundo informan os servizos de emerxencias, os feitos tiveron lugar pasadas as 09.30 horas desta mañá. O 112 Galici, tras recibir o aviso, mobilizaba ao servizo de Urxencias Sanitarias do 061, aos voluntarios de Protección Civil, aos Bombeiros de Lugo e á Policía Local. Despois de recibir os primeiros auxilios no lugar do accidente, o ferido foi trasladado nunha ambulancia de soporte vital básico ao Polusa.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.