O Concello de Lugo, anunciou que de cara á proba do mundial de motocross que se celebrará esta fin de semana na cidade poñerá a disposición da veciñanza buses lanzadeira “para chegar ao circuíto evitando utilizar o vehículo privado, facilitando a mobilidade de todas e todos os asistentes”, afirmou o Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Ruben Arroxo.
Os buses lanzadeira partirán desde o polígono das Gándaras, fronte ao Decathlon, e chegarán ata o circuíto en horario de mañá e tarde os dous días de competicións, o sábado 11 entre as 8 a 12 e pola tarde de 15:30 a 18:45, e o domingo 12, entre as 9 e as 12 e pola tarde de 15:30 a 18:45.
Arroxo lembrou que “utilizando a tarxeta cidadá poderase desfrutar dun desconto de ata o 50% do billete”.