A saída de vía dun camión cisterna, que cae dun ouente da autovía, mobilizou aos equipos de emerxencias na mañá de hoxe no concello lucense de Abadín, na parroquia de Quende. O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 11:30 horas cando varios particulares contactaron para informar dun sinistro no punto quilométrico 557 da A-8, sentido A Coruña.
No seu relato, as testemuñas do accidente afirmaban que o condutor do vehículo atopábase liberado e accesible e non requiría asistencia médica. Aínda así, desde o 112 Galicia, informouse aos servizos sanitarios de urxencia por se fose precisa a súa intervención.
Igualmente, solicitouse a colaboración da Garda Civil de Tráfico e servizo de mantemento da vía para asegurar as condicións de seguridade neste punto da estrada.