Un camión de chapas metálicas perde a carga en Taboada ao chocar contra un turismo

Colisión entre un camión e un coche no concello lucense de Taboada. O tráiler transportaba chapas metálicas de gran tonelaxe, que acabaron esparexidas pola vía. Segundo o servizo de emerxencias 112, os feitos producíronse en torno ás dúas da tarde a apenas un quilómetro de Taboada, na N-540, que une esta localidade con Lugo.

O camión quedou obstaculizando totalmente a estrada, polo que na zona se produciron importantes retencións. O tráfico tivo que ser desviado mentres se procedeu á limpeza da vía e á retirada do camión e a súa carga. A esta hora a situación xa está normalizada.

O persoal do CAE 112 Galicia alertou ao persoal de Urxencias Médicas, xa que un dos implicados no sinistro estaba moi nervioso. Tamén se informou aos Bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com