Un camión que transportaba leite saíuse da vía e verteu parte da súa carga na vía. Sucedeu minutos despois das seis desta tarde na LUP-4201, no tramo que une Paradela con Castro de Rei. O condutor resultou ferido e foi atendido polos profesionais de Urxencias Médicas.
O persoal do 112 Galicia informou a un equipo de limpeza e mantemento da Deputación de Lugo, ademais dos axentes de seguridade e aos Bombeiros de Sarria. Polo momento, están todos os medios traballando no punto e aínda evalúan o alcance da vertedura.